Beiras comeza unha xira coa súa banda de heavy metal

Xosé Manuel Beiras realizará este verán unha xira coa súa banda de rock duro, Os Biosbardos. A veterana banda galega visitará toda a xeografía Galega, o Norte de Portugal, Brasil e Timor Leste. «Viaxaremos por toda a Gran Galiza, como debe ser», sinalou o egrexio político e economista. A formación liderada polo histórico dirixente nacionalista presentará os temas do seu último disco, Pepeus Malleficarum, composto por trece temas na súa liña de sempre: trash metal marxista leninista. Beiras, membro fundador da banda, declarou que este novo traballo aseméllase moito ó primeiro disco de Metallica «en canto á produción». No tocante ás letras «ten un contido anticapitalista máis marcado que os anteriores traballos», precisou o fundador e portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista.
Beiras en concerto
Será unha boa ocasión para poder contemplar o coñecido «zapatazo» de Beiras, o broche de ouro co que Os Biosbardos pechan todos os seus concertos, cando o histriónico baterista golpea o seu instrumento co calzado, entrando en éxtase. «Sei que os nosos siareiros do Exército Zapatista agardan a que faga o meu número ó final dos concertos e non os vou defraudar, estaría faltando á verdade e non o vou facer de ningún xeito», sinalou Xosé Manuel Beiras. «Atópome moi ben, con moitas forzas e con ganas de hostiar uns cantos chupatintas, así que desfogo todo coa batería», indicou o tamén fundador do BNG.  Ademais, Xosé Manuel Beiras foi recentemente nomeado o batería mellor vestido de alta costura pola revista especializada Batería Total.
Wilson Palleiro
Wilson Palleiro

Cree que todavía es posible cambiar el mundo. Como no tiene el valor suficiente para quemar cajeros o hacer escraches, escribe cosas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *