Un Mundial de prórrogas e porteiros brillantes

Comenzaron as eliminatorias de oitavos. A Brasil pódeselle facer moi longo o seu Mundial. As pantasmas dun novo maracanazo pésanlle sobre a sua afección. Chile caeu sen complexos, tivo máis o balón pero os postes e a fortuna dos penaltis manadárona para a casa. Brasil defensivamente é moi forte, pero ofensivamente non é a Brasil dos 70. Coa defensa actual e a dianteira daquela época, outro galo cantaría. Está moi lonxe do Jogo Bonito do mundial 70 ou do 82, con Sócrates e cía.

Colombia convírtese nuha realidade, a Colombia de James supera con honor a marca de Valderrama e Higuita no Mundial de Italia 90. E plantoulle cara a unha Brasil que comezaba a tremer.

CC/Paulisson Miura
CC/Paulisson Miura

Holanda clasificouse para cuartos cun piscinazo de Robben, deixando fóra a una loitadora México cun porteiro que desempeñou unha gran actuación, igual que Keylor Navas en Costa Rica, que aguantou a chaparrada que sufriu o seu equipo cun enorme desgaste físico ante una Grecia moi distinta á de hai dez anos, cando gañou sorpresivamente o Europeo do 2004, un dos máis pobres da historia do fútbol en canto a xogo.

Unha Francia sen brillo apartou a Nixeria, gracias a dous regalos defensivos. A potente Alemaña eliminou na prórroga a Arxelia, na vinganza do pacto do Molinón de 1982. Os arxelinos, cun gran porteiro e cun equipo loitador, puxéronllo difícil á sempre costante Alemaña. Iso si, Neuer  lembrou a Higuita nas saídas de porteiro-libero, pero máis seguro que aqueloutro cancerbeiro.

CC/Iamshaheen
CC/Iamshaheen

E nas prórrogas tamén pasaron a cuartos Arxentina e Bélxica,con senllas boas actuacions dos porteiros, un escaso xogo e partidos desputados. De oitavos a cuartos, o resultado foi de cinco clasificados na prórroga ou nos penaltis, fronte a tres seleccións que conseguiron pasar no minuto 95 (90+5 de tempo engadido).

Nos cuartos, Brasil eliminou a unha Colombia loitadora por 2-1, nun encontro no que o protagonista foi o árbitro Velasco Carballo. O colexiado, moi protestado nos campos hispanos, non soubo poñer paz nas liortas dos xogadores. Debeu de expulsar ao colombiano Zúñiga por lesionar a Neymar. Iso si, dedicouse a botar esprai nas barreiras coa ilusión dun cativo, e de aí o detalle do colombiano Cuadrado, de afastar os  espumallos do chan, demostrándolle que no fútbol vense a xogar e a ordenar as barreiras, non a facer a festa da escuma.

CC/Amil Delic
CC/Amil Delic

A obsesion da defensa colombiana por marcar a David Luiz nos córners conduciuna a un despiste monumental. Mentres que toda Colombia estaba centrada en vixilar a este central estilo Goikoetxea, -o mellor cinco do Athletic de Bilbao de tódolos tempos-, olvidáronse de Thiago -que por unha estupidez pérdese a semifinal contra Alemaña-. E este apareceu de súpeto como un coello dunha chisteira e marcoulles o primeiro gol. Logo David Luiz, ao Goikoetxea e de falta marcoulles o segundo. O colombiano James, con 22 anos e moitísima fame, acurtou distancias e loitou ata o final. Noraboa aos colombianos polo Mundial que fixeron.

Brasil batirase na semifinal coa potente e constante Alemaña, unha selección de notable alto bou sobresaínte, porque chegar a unha semifinal dun Mundial é sempre sinónimo de éxito, aínda que non se gañe ou non se xogue ben. Alemaña, co excelente porteiro Neuer, apartou á Francia de Benzema, que foi de menos a máis. Os galos caeron desta volta honradamente ante os xermanos, nun axuste dos duelos históricos que tiveron na década dos 80, con Sumacher na porta e Platini no campo.

CC/Paulisson Miura
CC/Paulisson Miura

Unha Arxentina sen brillo noqueou a unha Bélxica en progreso, pero moi inocente aínda á hora de enfrontarse a unha selección de altura. Haberá que comprobar se esta selección medra co paso do tempo. Desde Plaff saíulle un bo porteiro, Courtois. En canto a Arxentina, dicir que, por moito nome que teña, desde Maradona non volveu ata agora a meterse nunha semifinal. Messi non está a un gran nivel, pero o equipo é traballador.

CC/Calcio Streaming
CC/Calcio Streaming

E os rivais dos arxentinos son os tulipáns, que sufriron para botar fóra a unha meritoria Costa Rica. Van Gaal xogou ó balonmano nos penaltis, sacou ó seu porteiro titular e puxono campo ao suplente, Krull, que foi decisivo para o pase dos holandeses á semifinal.

Noraboa aos eliminados de cuartos de final, porque demostraron que chegaron onde puideron, pelexando e poñéndolle moi difícil ó pase a semifinais aos clasificados.

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *