O fútbol non é para facer burla nin para os violentos

Debería de poñer todas as estrofas dos meus comentarios, as críticas das tácticas futbolísticas, as historias do fútbol, os resultados e os partidos históricos, a irmandade de todas as afecións dos equipos tanto no fútbol de elite coma no modesto pero…por desgraza é imposible. O fútbol e as artes do tempo libre están para unir, para facernos desconectar dos noso problemas cotiáns, dos asuntos que hai na política hispana e mundial… deses temas xa se encargan os meus compañeiros noutros artigos. Repito, estas actividades de tempo de lecer están para unir, nunca para dividir!

 

CC/Bárbara Andrade
CC/Bárbara Andrade

O fútbol non debe de estar nin para facer burla nin ó servizo dos violentos. E é que cheira a alarma, semella que volvemos ó futbol da década dos 80, tralos incidentes do pre-partido Atlético Madrid-Deportivo da Coruña, no que houbo moitos feridos, detidos e, o pior de todo, causou a morte dun compoñente do grupo Riazor Blues de 43 anos, Jimmy Taboada. Isto xa empeza a espertar malos recordos dalgúns que viron violencia nos campos na década dos 80, regresamos á época da final da Champions do ano 1985, o partido Juventus-Liverpool que gañaron os italianos por 1-0 cun penalti inexistente. Pero o resultado e a polémica foi terciario. O máis dramático foi xogar aquela final en Heysller de Bélxica…ó redor de 39 cadáveres!!!

 

Agora, co desenlace do outro día, comezan a emitise reportaxes de siareiros rivais de ligas importantes europeas que se citan para darse de ostias, sexan da ideoloxía que sexan. Chámame a atención este detalle. Se os espectadores pacíficos, os que van a animar ó seu equipo, tamén van a saudar ós compoñentes do público rival, e a falar con eles… só de fútbol, cando se volven ver danse nalgúns casos ata abrazos. Nunha palabra, isto sí que é bo rollo, irmandade de afeccións. Os líderes dos bos siareiros entre eles non saben nin como se chaman os siareiros rivais na maioría dos casos. Só falan de fútbol e de modais con ouras afeccións. Entón por que os seguidores ultrainimigos dos rivais se intercambian os teléfonos??

 

CC/Bárbara Andrade
CC/Bárbara Andrade

 

Estes afecionados empregan a tecnoloxía moderna. A través de insultos prepararon una batalla de Estado, con aliados e todo, como se fose una batalla da 2ª Guerra mundial.Vergoñento!! Por un lado os do Frente Atlético (ultradereita) apoiados polos ultras do Sporting de Xixón, que estaban en Madrid de regreso de viaxe tras o partido que desputou o seu equipo en Mallorca -pasaron a noite en Madrid-. Por outro os Riazor Blues (ultraesquerda), apoiados polos Bukaneros do Rayo Vallecano e os radicais do Alcorcón.

 

Este tipo de violencia non vai a ningunha parte. Nunha guerra perden todos!! E non só se fala das violencias na elite. No fútbol modesto, por desgraza… tamén hai problemas, ata nas categorías base. Por exemplo, sen ir máis lonxe, a Garda Civil entrou nun Marino Mera-Cambre de categoría base por incidentes entre afeccionados do público asistete dun e doutro equipo, e tamén falamos de dous rivais que protagonizaron liortas históricas. Esperemos que este tipo de violencia se acabe dunha vez por todas. Ogallá que o derbi vasco sexa de bo ambiente na grada, como así ocorreu na maioria deles.

 

CC/Bárbara Andrade
CC/Bárbara Andrade

 

Máis dunha semana despois aínda non hai grandes novas sobre o caso de Jimmy, que está todavía sen pechar e eclipsou e entristeceu o deporte en xeral. Ata noutros deportes minoritarios, no baloncesto da Champions Liga de baloncesto parece ser que un encontro entre balcánicos e turcos saldouse cun morto.

Unha tristeza ir a un campo de fútbol e toparse con isto. Mal exemplo para os nenos!!

 


 

 

Nota: o autor deste artigo era un neno no ano 1985, cando viu a final da Champions League daquel ano. Aquel trauma marcouno para sempre. Non superou ese trance de ver aquelas noxentas imaxes e non se atreve a ir a partidos de elite, só de afeccionados. E tamén no fútbol afecionado hai corrupción cheirenta, por desgraza.

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *