Das pachangas ós ‘culebróns’ da Liga

Despois de acabar o Mundial comenza unha nova tempada. As ligas xa fixeron o sorteo dos partidos e as datas para a nova xeira. Este é o calendario que se publica, moi interesante para os afeccionados á hora de examinar as datas, momentos, climas, ánimos, etc.

 

Meses de xullo-agosto. Os xogadores acaban as suas vacacións despois dunha tempada anterior vivida para ben ou para mal. Os siareiros, a maioria deles, están ben desconectados a causa das praias, dos montes, ríos, verbenas, festas medievais, modernistas, gastronómicas… Os xogadores están a menos do 30% da súa forma física. Os amantes do fútbol están ilusionados cos reforzos  para os seus equipos: que si fichan a un, que si se vai outro… En agosto, cando os días van a menos, os equipos despois das palizas de preparación física van acadando a forma física do 40-50%. Xogan trofeos e amistosos, o que se traduce nunha única palabra: pachangas.

 

Finais de agosto-setembro. Comezan os campionatos de forma oficial, mais as previas das eliminatorias europeas, supercopas e copas de modestos de prestixio. Os equipos empezan con ilusión e os afeccionados aínda están ó 50%, convivindo coa calor e pedindo que os primeiros partidos se xoguen nun horario fresco. As primeiras ilusións coas primeiras vitorias, os primeiros nervios polas primeiras derrotas… Queda moita tempada.

 

Outubro. Fin da época de festas e praias para a maioría das cidades e pobos do territorio. Os xogadores xa están cerca do 90% da forma física e os siareiros empezan a animar con máis forza. Métese a primeira marcha en serio, con vistas a meter xa segunda.

 

Coach Alex Coach Gabe
CC/Coach Alex Coach Gabe

 

Novembro-decembro. Os días van a menos co cambio de hora e aparece o frio. Os afeccionados empezan a imprimir máis movemento por Internet e mediante wassaps. Cando máis en forma están todos párase a liga polo Nadal. Non sei por que, pero para eso ben podían comezar a liga a metade de setembro para xogala seguido. E no Nadal moito máis, porque os nenos ben podían ir ós campos a ver os adultos (algúns xogan torneos base).

 

Xaneiro-comezos de marzo. Frío total. Os líderes escapan da táboa pero os colistas, tras un mal comenzo na primeira parte do campionato, a maioría dos que están condenados fan o seu agosto nestes meses. Xogan tranquilo e provocan máis dun desgusto ós que van na zona media-alta. Moitos equipos prefiren xogar nesta época da liga co segundo da liga antes que cun colista. Porque se xoga co segundo da liga e perde non doe tanto, porque é una das derrotas que entran no calendario ante un dos equipos que desputan grandes obxectivos. Mentres que se perde contra un dos colistas, despois dun partido feo levado por eles ó seu terreo, caelles a cara de vergonza e son puntos perdidos que despois pasaranlle factura.

 

Marzo. Ven a primavera, as primeiras sonrisas polos primeiros días de non frío e os seguidores empezan a difrazarse de guerreiros totales para arroupar ós seus equipos, que aínda teñen moitas forzas para encarar o principio do fin, a hora da verdade.

 

Abril-comezos de maio. Os xogadores xa empezan a estar moi cansos, as forzas minguan a causa dunha competición dura e longa e o mellor alimento que reciben son dos seus seguidores, que nalgúns casos están ó 120%!!!

 

 

CC/Peter Dutton
CC/Peter Dutton

 

Maio-xuño. Fin de tempada. Algúns equipos fixeron os deberes antes da fin da liga. Os equipos que os fixeron xa teñen mentalidade de amistosos nos seus partidos, os afeccionados encóntranse relaxados. Neste apartado xa escribín un artigo en maio, que vos convido a ler.

 

Fin de tempada. Os xogadores van de vacacións, algúns quedan no seu equipo e outros teñen que buscarse a vida, pero estes son culebróns como Amarte asi Frijolito, Cristal ou La dama de rosa….

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *