Empezamos cos repasos dos Mundiais felicitando aos equipos galegos. Ó Deportivo polo seu ascenso e ó Lugo pola súa permanencia nunha segunda división moi moi… deixámolo así, porque despois do que se viu poucas ganas quedan de dar opinións, e é que visto o visto… O positivo é que xa rematou para 18 equipos… menos para catro, que son os que van desputar a promoción de ascenso a Primeira Division, a do equipo vacante numero vinte. Sorte para todos eses catro equipos e que suba o mellor.
Comezamos en Uruguai 1930, onde se fixo o primer campionato. Participaron 13 equipos, e a maioría deles americanos. O mundo estaba nunha crise mundial, recén estourado o crack do 1929, unha crise tan longa coma a actual. España non foi, igual que a maioría dos países europeos, porque non había cartos para ir a Uruguai. A final xogárona Uruguai e Arxentina, nun partido ateigado e con nomes como Stabile, Scoplelli (que foi entrenador) ou o galego Cea, que xogou e marcou un gol na final para Uruguai… e a vitoria foi para Uruguai por 4-2, empezando a tradición de que o primeiro campión é o anfitrión, porque se puxo de moda a frase «cada can ladra no seu palleiro».
Catro anos depois, o Mundial desputouse na Italia fascista de Mussolini. O torneo con tintes fascitas e políticos, xa empezaron os primeiros boicots da historia. Aquí participaron maioría absoluta de europeos, e moitos americanos boicotearon sobre todo á antigua campiona Uruguai, porque Italia foi un dos países europeos que tampouco viaxaron a terra charrúa catro anos atrás. A competición desputouse por eliminatorias directas e, en caso de empate, prórroga e partido de desempate ao día seguinte ata que pasase un. Este formato adoptouse ata finais da década dos 70, cando se adoptaron os penaltis para establecer o desempate final. A República de España (repito, era republicana 3n 1934, e foi o único mundial ata agora no que sonou o himno de Riego na presentación dos equipos) contaba co lendario porteiro Zamora e con Quincoces, Ciriaco,etc., pero caeu en cuartos nun desempate ante unha Italia anfitriona que tiña a Meazza… e axudas dos árbitros baixo a atenta mirada de Mussolini. Italiaó final foi campiona do Mundial na súa casa.
Imos para Francia 38. Foi unha copia máis ou menos do anterior, xa cunha Europa en situación prebélica. España non participou porque se atopaba nunha triste guerra civil. Aquí volveu gañar Italia, co seleccionador Vitorio Pozzo convertido no primer adestrador en obter dous Munsiais seguidos, un obxectivo que persegue Del Bosque este ano en Brasil 2014. O malo é o ambiente político, que eclipsou o fútbol.
Tristemente consumiuse a desgracia e na década dos 40 non houbo campionatos porque o mundo enteiro atopábase enfrontado na Segunda Guerra Mundial. De aí que o campionato pasara a Brasil e alí reanudouse. Foi un capítulo moi triste por cantidade de renuncias nun mundo empobrecido polas desgrazas bélicas. E Italia quedara mermada, porque os mellores xogadores xogaban no Torino, o mellor equipo do mundo desta época, e lamentablemente morreron nun accidente aéreo no 1949.
Tócalle o turno a Brasil 1950. Este Mundial será lembado pola segunda mellor participación española nesta competición. Ata hai catro anos era o mellor que fixéramos ata o xa mítico gol de Iniesta. Daquela aconteceu o histórico gol de Zarra ante o Reino Unido, país inventor do fútbo. Antes do partido ninguén apostaba por España, pero Zarra primeiro e Ramallests depois pararon aos británicos. En semifinais caeron ante a anfitriona e na final Uruguai por sorpresa deu o famoso Maracanazo. Contra prognóstico e contra máis de 100.000 torçedeiros brasileños, Uruguai noqueou a Brasil no seu propio estadio por 1-2. Esto pasou á historia no futbol charrúa. España acabou cuarta tras enfrontarse a Suecia.
O mundial de Suiza 1954 é coñecido pola Hungría de Puskas, Cibor e compañía. España non puido ir porque perdeu no desempate ante Turquía… por sorteo dun neno coa cara tapada. Sacou a bola turca en vez da española. Hungría practicou un fútbol total, con goleadas… e ata lle meteu 8-3 á potente Alemaña na liga clasificatoria. Cando na final todo o mundo xa daba por ganadora a Hungría, e moito máis ó ir gañándolle 0-2 a Alemaña, os xermanos fixeron nacer o mito da frase de Lineker: «O fútbol é un deporte de once contra once inventado polos británicos…e gaña Alemaña». Remontaron nun partido longo, impoñendo a forza e a garra constante á calidade húngara e aos cañonazos de Fernk Puskas. Este home, incluso xa veterano e cuns kilos de máis, metíaa sempre dentro. Os seus tiros púñanlle música aos postes durante varios segundos ou á grada,cporque os porteiros contarios nin as tocaban. Vitoria alemá por 3-2 na final, onde os húngaros foron os verdadeiros portagonistas.
Falemos agora de Suecia1958, onde Pelé, un neno brasileiro de 17 anos, e Just Fonatine, o máximo goleador galo, con trece goles, foron os protagonistas. Brasil noqueou na final á loitadora Suecia por 2-5, e Pelé forxouse a súa lenda como O Rei dos gols. España nin se calsificou.
En Chile 1962 Brasil renovou o título con Pelé lesionado e España, que contaba cun Dream Team pero tiña a Di Stéfano lesionado, levou una gran decepción, a primeira de tantas posteriores. Tocoulle no grupo da morte, no que quedou por detrás dos dous finalistas do torneo: Brasil e Checoslovaquia. Amarildo,Vava ou Zito foron os mellores.
Chegamos a Reino Unido 1966. Por fin vence o país inventor do futbol nun Mundial, aínda que foi con aquel gol fantasma de Hurts en Wembley ante a Alemaña de Beckenbauer. Nunha final polémica lembrada pola Portugal de Eusebio, terceira do torneo tras practicar un fútbol espectacular, con remontada incluida á sorprendente Corea Del Norte. Portugal tivo que remontar un 0-3 para acabar con 5-3 a favor e logo deixou fóra a Italia. España caeu unha vez mais eliminada ás primeiras de cambio, cando dous anos atrás gañara o seu primeiro europeo.
Mexico 1970!! Homenaxe ao fútbol e ao xogo bonito!! España non chegou aquí. A final de Brasil-Italia, cualificada como unha das mais bonitas da historia, a pesar de que se xogaba case andando daquela. A calidade de Rivelino, Tostaá, Pelé, Carlos Alberto… sen desprezar a Rivera, Bonnasegna, Albertossi, Bekembauer con brazo en estribeira na semifinal… Que gusto dá ver as imaxes daquel campionato!!
Alemaña 1974 é asimilado coa «laranxa mecánica» holandesa e a historia se repite. Alemaña ,como ocorrera vinte anos atrás, volveu a empregar na final a frase de Lineker. Holanda fixo un fútbol barbarísimo con Cruyff e Neskkens, cuns siareiros que animaban o ambiente polas rúas. A Alemaña de Beckenbauer,Vogts, Breitner ou Muller privounos do noso primeiro Mundial. Esta final empatoulle en calidade á de catro anos atrás. Naquel torneo xa se entregou o trofeo co logotipo sagrado actual, en troques do primitivo deseñando por Jules Rimet. España non se clasificou, porque o serbio Kataliski prohibiuno co seu gol nun partido de desempate.
Vaiamos agora coa Arxentina 1978. A política foi decisiva.Videla foi o protagonista dun triste episodio. O positivo deste Mundial foi a súa canción, que pasou á historia como unha das máis fermosas, e tamén pola simpática mascota Gauchito. España caeu eliminada na primeira rolda co erro de Cardeñosa, que fallou cando tiña toda a portería para el. Pero no seu descargo hai qie dicir que aqueles céspedes eran pataqueiras. Arxentina pasou á final… con trampas. Comezou o seu partido tarde ante Perú, sabendo que con 4-0 chegáballe para deixar a Brasil fóra da final… e meteulle 6-0 a Quiroga, un dos mellores porteiros do Mundial xunto ó Pato Fillol. A final gañouna Arxentina ante una atractiva Holanda, sen Cruyff e na prórroga. O ídolo foi o Matador Kempes, gran dianteiro con garra, todo un killer. Tamén foi o Mundial dos papeliños e do papel hixienico dos estadios tirados polos hinchas.
E por fin chegamos ao Mundial do Naranjito, España 1982. Con aquel himno de Plácido Domingo e a nosa mascota viñeron moitas seleccións e os nosos pasaron á seguinte rolda polos pelos ante un grupo con rivais como Honduras, aos que se gañou de milagre. España derrotou a Serbia cun penalti repetido e caeu ante Ulster por 0-1, véndose na obriga de xogar unha liguiña ante Alemaña e Reino Unido. Finalmente caeu eliminada. Brasil, co xogo bonito de Sócrates e Zico, caeu ante unha Italia que pasou unha primeira fase con 3 empates. Finalmente os italianos Zoff, con 42 anos, e Paolo Rossi, foron de menos a máis e gañaron o campionato. Trátase dun Mundial que se fixo famoso polo tongo de Alemaña e Austria, que deixaron na cuneta a Arxelia cun resultado co que pasaban os dous. A partir de aí, precisamente debido a isto e ao que pasou en Arxentina anteriormente, aplicouse a regra de que os partidos decisivos se xogan todos á mesma hora.
É a hora de México 1986. O Mundial tíñase que xogar en Colombia, pero por mor de que este país non contaba con instalacións adecuadas xogouse outra vez en México, dezaséis anos depois da anterior experiencia. Foi o Mundial de Maradona. En cuartos de final, ante Reino Unido, víronse dous goles de gran factura, o legal (onde se levou a sete defensas) e o da mano de Dios, o gol ilegal máis fermoso da historia consentido por un arbitro. Porque o marcou el, o astro arxentino, porque se chega a ser outro… Na final, Arxentina superou a Alemaña cunha actuación dun descoñecido Burruchaga. España caeu en penaltis en cuartos de final tropezando cun gran porteiro, o belga Plaff, despois de facer un bo papel no Mundial. España viviu moitas anécdotas como o gol fantasma e dentro de Míchel, que o arbitro non deu por válido ante a Brasil de Sócrates, ou os 4 goles que lle marcou Butragueño á Dinamarca de Laudrup naquel 5-1.Viuse bo fútbol.
Onde houbo una dececcion total foi en Italia 1990, pero de espectáculo futbolístico. O mellor deste Mundial foi a banda sonora, coa canción Unha aventura italiana, según os críticos unha das cancións mais bonitas da historia deste torneo. Grandes seleccións aburriron cun fútbol pequeno, cun fútbol avaro, somnífero, con pases aos porteiros polo medo aos ataques. Ata este Mundial, os cancerbeiros podían coller coa man os pases de pé dos seus compañeiros. Depois suprimiuse esa norma e desde entón aumentou o espectáculo. É Mundial recordado pola Camerún de Makanaky, Milla (con corenta e pico de anos),Tatta Eta e un líder Kunde, un central africano que parecía máis un líder político que un capitán de selección (Nelson Mandela ó lado dese xogador era un aprendiz político).Tamén é un Mundial coñecido polo fenómeno Schillacci, un xogador que tiña a mesma calidade que Toquero. E ó sistema de Italia valeulle para ser o pichichi do Mundial con seis goles. Despois acabou a súa carreira en Xapón, sendo un xogador de equipo máis.Alemaña tivo mellor equipo con Mathaus e Voeller e gañoulle á defensiva Arxentina de Maradona. España pasa como primeira de grupo cun fútbol gris e cun hattrick de Míchel a Corea. Aínda así, España caeu en octavos ante Serbia. Luis Suárez era o técnico.
USA 1994. No país ianqui onde os deportes minoritarios como o baloncesto, o fútbol americano ou o béisbol son os deportes rei, o fútbol é secundario. Este Mundial desputouse en condicións extremas de calor. Brasil impúxose cun sistema defensivo con Carlos Parreira de entrenador. Bebeto, Dunga, Mauro Silva e o goleador Romario venceron por penaltis e baixo unha calor sufocante á Italia de Roberto Baggio, quen ainda ten pesadelos co penalti errado na tanda. Antes, os italianos deixaran fóra a España en cuartos, episodio coñecido polo cobadazo de Tasotti a Lui Enrique. O árbitro non lle ensinou nada. Tamén permanece no imaxinario colectivo español aquel fallo de Julio Salinas, ao igual que o de Cardeñosa en Arxentina, A sexta bola que tocou Baggio naquel partido sentenzou a elimnatoria. España antes fixera un Mundial combatinte, de altibaixos. Maradona fora castigado por dopaxe e acababa de soterrar definitivamente a sua carreira.
Imos con Francia 98. Gran canción de Ricky Martin para este Mundial, La copa de la vida. Francia derrotou a Brasil na casa grazas ó liderado de Zidane. Brasil tiña unha gran selección, pero Francia na súa casa varreunos na final. Curiosa a celebración francesa no primeiro gol, cando os xogadores pasaron de euforias e dixeron: “Aínda non fixemos nada”. Tralo segundo gol comezaron a medrar e logo foron a pola vitoria. Houbo moitos expulsados naquel Mundial. España fixo o ridículo ante Nixeria coa cantada de Zubizarreta, quen se retirou no estéril 6-1 ante Bulgaria.
ASIA 2002.Por primeira vez o Mundial desputouse nos países mais avanzados da Asia non petrolera árabe. Os árbitros foron decisivos e axudaron a Corea del Sur a chegar a semifinais, deixando que no camiño quedaran seleccións como Portugal, Italia… e en cuartos o moro Mohamed El Gandour eliminou a España, despois de que a nosa selección levara a csabo un papel digno, entrenada por Camacho, ao anulanrnos dous goles legais. Pero os surcoreanos tropezaron en semifinais cos potentes alemáns, con Kanh na portería. Pero o aguerrido porteiro alemán non puido paralle os pes a Ronaldo, que estreou a moda do peinado imposible na final. Ao final Brasil levou o quinto Mundial para as súas vitrinas.O balón do Mundial parecía un balón de fútbol praia e os partidos comezaban cun gong asiatico. Dos xogadores asiáticos destacaron Inamoto, Park Soon Jo e Kim jo No.
Alemaña 2006. Enxeñería alemana nos estadios. Como o Nuevo San Mames. A selección española, despois de varrer na primeira fase pretendía xubilar a Zidane en octavos. Pero o equipo de Raúl e Puyol, entrenado por Luis Aragonés, caeu humillado por Francia. A Zidane non o xubilou España senón Materazzi, aguantándolle un cabezazo no peito na final contra a Italia de Cananvaro, de Pegamento Gatusso, Pirlo e compañía. Os italianos venceron nos penaltis. Aquel Mundial será recordado por un gran narrador, que a pesar de ser especialista en narrar partidos de NBA, demostrou que valeu para retransmitir partidos de fútbol, o sempre recordado Andrés Montes.
África do sur 2010. E aqui rematamos o repaso, o día en que España debuta en Brasil 2014. Este foi o mundial de Shakira e o waka-waka, o das vuvucelas. E aqui sí que se fala de España coma protagonista. Empezou perdendo ante Suiza por 0-1 e logo remontou e conseguiu resultados victoriosos pola mínima, para superar complexos. Unha vez que superou a Paraguai en cuartos, co susto do penalti inexistente errado por Paraguai, tras igualar a marca de Zarra, foi a máis. Primeiro Puyol na semifinal ante Alemaña, e logo depois de que a Holanda, (que nada tivo que ver coa «laranxa mecanica» dos 70 nin coa da época de Gullit) lle consentise xogo duro o árbitro inglés Howard Webb, chegou o «Iniesta de mi vida» no minuto 116. Aquel gol pasou xa á historia como o que lle deu o primeiro Mundial para España.
Seguiremos nos próximos días co Mundial de Brasil 2014. Continuará!