Que non veñan chorando

A fin de semana do 10 ó 11 de maio celbrouse a penúltima xornada ligueira da Primeira division e unha das últimas da Segunda. Algúns xa puxeron o peche e as forzas andan escasas. Son as xornadas en que os equipos cren que se xogan todo. Pensan que os puntos perdidos son os de agora, coas raiolas do sol de primavera,co veran á porta da esquina. Pero alguns esquecéronse dos puntos perdidos no frío e nas calores do comenzo de liga.

En Primeira,o Atlético de Madrid gastou moitisimo combustible nunha campaña para recordala con agarimo no futuro, nun maio histórico, porque vai de líder na últijma xornada. E o día 24 vai a Portugal. Xoga hoxe ás seis da tarde en Barcelona, dependendo de si mesmo. A favor ten a ilusión dunha campaña brillante. En contra ten o depósito… que é unha incognita, porque gastou moitísimo combustible nalgúns partidos, como contra o Barcelona, Chelsea, Atlhetic ou Real Madrid.

Ao Barcelona dábano por morto hai unhas semanas,e por sorpresa chega con opcións e depdendendo de si mesmo. Moitos aseguran que se atopa nun fin de ciclo pero non é así. O Barcelona pasou cinco anos de rolo, pero non é fin de ciclo. Chega con opcións a competir en todos os campionatos que participa. Sería fin de ciclo se na liga quedase sétimo e na Copa ou na Champions quedase eliminado por clubes de nivel como o Villabotijos ou o Rápido de Libertonia, por exemplo. Iso si, os anos non perdoan e nótase que “empeza a perder a fame competitiva” (palabras de Mickey,o entrenador de Rocky III). A prol ten o apoio do público na súa casa, e iso mételle presión aos colchoneros. En contra ten a moral dos últimos partidos, e algúns bótannlle a culpa de que os xogadores andan pensando no Mundial. E cando non haxa Mundial, cal será a desculpa?

O Real Madrid anda de vacacións pensando xa no 24 de Maio en Portugal. Cando o Atlético fallou en Levante xa se fregaban as mans, pero dous puntos de nove posibles… Mellor deixamos de seguir opinando.

No resto, o derbi vasco descafeinado, o levantino… máis do mesmo. Na zona baixa si que están os equipos que fixeron o que puideron… E non é tempo de choros. Algúns ven que se lles acaba o caramelo, outros levan tempo no casino xogando á ruleta rusa. Os malaguitas, periquitos, vaiecanos, celtiñas (vaia final de tempada, xunto o Levante) e ata ós do Elche verémolos para o ano que ven en Primeira. O Betis,vendeu a Beñat (suplente de luxo este ano, desbancado por un loitador sorprendente: Mikel Rico), avergonzouse dun porteiro proimesa como Adrián. Este marchou para o Reino Unido e fixo unha noble campaña. Para o seu posto trouxeron a un sueco e á escoba de Casillas: Adán (iso que o explique Mouriño), e os resultados ben se viron. Iso si, condenou ó Valladolid a seguir no casino na última xornada. Getafe, Osasuna, Granada,Valladolid levan anos no casino, e esta fin de semana xunto ó Almeria hai por desgracia dúas balas.

Na Segunda, o Deportivo segue comandando a carreira de tartarugas para o ascenso a Primeira. Os depósitos van moi baleiros para todos.

To be continued…

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *