Nadal sen fútbol

Chega o Nadal e párase a competición futbolística en España. Non no Reino Unido desde hai uns anos. Aquí hoxe non vou dar a miña opinión sobre este tema porque non teño tempo. E iso por que? Pois porque un neno pequeno, que non chega nin á idade pre-benxamin, estivo contándome como pasa o Nadal, o seu primeiro Nadal. Contoume que segue a Liga de fútbol por primeira vez na súa vida. O neno aprendeu as normas futbolísticas co Mundial de Brasil!!
Para el todo esto é novo. Ata o Mundial de Brasil só entendía o fútbol como pegarlle patadas a un balón, un once contra once, dez dunha cor e dez doutra e un paisano vestido con camiseta distinta tirándose nunha portería, un señor cun asubío que non lle pegaba ó balón, os xuíces de liña e o señor de negro usando un spray de xoguete para as barreiras.

De súpeto deixou de xogar ás maquiniñas e ós xoguetes clásicos e enganchouse ó futbol, e moito!! Sabe xa os nomes dos equipos de elite. E sabe que as competicions importantes rematan antes do verán, así como cantos puntos teñen os equipos. Non entende como o Atletico de Madrid, que quedou campión de Liga, este ano aínda non pillou o liderado.
-Pero si é o campión!

Pero xa ve a propaganda dos cocos bipolares como o Real Madrid e Barcelona por tódalas partes e ata se fai un lío coas segundas indumentarias dos equipos. Nos últimos anos estanlle gañando terreo ás equipacions oficiais. Quédase abraiado como ao Atheltic de Bilbao, malia ter un equipo moi de barrio e limitado nas competicions europeas, cústalle caro arrincar nesta Liga… e ten unha afección que ruxe no seu campo.

Tamén ve como os equipos de arriba combinan grandes resultados, como o Sevilla ou Valencia, con derrotas con colistas. E ve que os colistas xa non son fiables á hora de combater contra eles, porque tamen llas fan os grandes en calquera momento. Quédase sorprendido do papel de Casillas, porque a primeira vez que se fixou nel fixo o ridículo contra Holanda… ata ver como foi decisivo nalgúns partidos desta tempada dun Real Madrid que colleu una racha de moitas victorias seguidas.

 

pablo pozo (2)

 

E pónseme a contar historias do que aprendeu deste deporte en tan só uns meses a marchas forzadas. Díxome que non pode ver máis fútbol porque ten que ir á escola os días laborables.
Pero dÍxome que cando rematen as clases para dar paso ás vacacions de Nadal vai seguir vendo fútbol de elite, sexa a competición que sexa todos os días, porque o fútbol gústalle… xa máis que os debuxos animados ou as series infantiles como Bob Esponja ou os espectáculos de circo ou dotros deportes.

Pois remátanlle as clases e danlle as notas. Despídese dos seus compañeiros xogando una pachanga de fútbol e ponse contento,porque o seu equipo gañou.
-“Xoguei como se fose un partido de clasificación para a seguinte rolda.”

Vai pasar uns días de Nadal nunha casa familiar. E ali, aparte de adultos, atópase con algúns curmáns de idades próximas á súa. Algúns levan todo o ano sen verse porque son de vilas distintas. O Nadal!! A desculpa para as xuntanzas!! El foi coa ilusión de ver partidos de fútbol de equipos españois a diario. Pero nada lle sae como pensara. NADA. A un curmán da súa idade gústalle o baloncesto. É moi fanatico da NBA, de Gasol, da selección hispana e da ACB. A unha curmá un ano mais vella gústalle a Natacion, o tenis e outros deportes menos o fútbol, unha fan de Mireia Belmonte, a mellor nadadora de España de tódolos tempos e de Nadal. E un curmán mais vello é fanático das motos, sobre todo de Marc Márquez… que mercou unha casa en Andorra.

 

pablo pozo (1)

 

Á Noiteboa non botan nada de deportes na televisión. E nos outros días botan baloncesto, tanto da NBA como da ACB, e aí quédanse a velos os membros desa familia. Pero o rapaz futbolerio quédase triste e non pasan nin catro minutos cando deixa aos seus parentes de lado e ponse triste, porque bota moito de menos a paixón futbolística, mentres que o seu curmán goza do espectáculo baloncestístico de elite que ven na televisión.

Vai o primo afeccionado ás motos e dille ao rapaz futboleiro que non se poña triste, que leva moitos meses gozando das competicións de fútbol, que desde agosto para aquí houbo competicions todas as semanas,mentres que o aficionado baloncestero houbo semanas que non viu o que lle gusta, a prima xa hai semanas que se lle acabou a tempada de Natacion e tenis,e o primo moteiro xa leva mes e pico que se lle acabou a temporada, e que ata marzo ou abril non volve a ver os seus espectáculos favoritos.

Tamen lle di que o deporte está para unir, para respectar os gustos dos outros ainda que non os compartas,e disfrutalos o máximo mentres que os vivas en directo.
Os días seguintes,nesa casa antes de que cada un volvese para a sua casa,o primo motero prepararoulle una sorpresa ´ó futbolero.Ensinoulle o canal onde botaban o Trofeo Brunete Alevin Navideño(ou Arona,ou donde se xogue).

E o rapaz quedase enganchado ante a ausencia do futbol de elite neses días navideños a ver partidos de futbol-8,onde rapaces das escolas base de equipos de elite fan unas liguillas de partidos de 20 minutos cada tempo,tipo maratón de futbol sala. Neses campeonatos sairon alguns conocidos,uns tales Iniesta, Torres, Llorente,etc…

 

 

Cativos que xogan cunha ilusión tremenda cando son cativos,que soñan con chegar a xogar un dia na elite,pero a magoa é que están para uns elexidos.Agora teñen a maioria de ídolos por ejemplo a Messi ou Cristiano Ronaldo,por ex, pero que sabe que a longo plazo se falarán dalguns deses.Darlle tempo ó tempo.

Pois o rapaz sí disfrutou vendo a estes cativos, antes de marchar a su aterra cos seus país cando remate as vacacions,e volver a ver a reanudación das competicions.
Veu os partidos nunha habitación, onde había una arbore navideña…e que tiña un letreiro que pon o que vos vou a decir a todos:

FELIZ NADAL E PROSPERO 2015 A TOD@S!!!!!

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *