As incógnitas da final Alemaña-Arxentina

Na véspera das semifinais abandonounos  o primeiro gran xenio deste deporte, que no Mundial de 1990 de Italia, cando exercía de comentarista deportivo,  deulle as gracias á fabrica inglesa, por crear unha profesión que a algúns deulles de comer: don Alfredo Di Stéfano. El mesmo dixo que a pesar de ter visto e vivido tanto fútbol, neste deporte nunca se ve nin se verá de todo. E razón tiña. Descanse en paz este primeiro xenio dos catro históricos e adiantados aos seus tempos.

CC/Calcio Streaming
CC/Calcio Streaming

Ó día seguinte viviuse o que ninguén contaba que ía pasar… nin nas apostas. A máis de un, se lle din que Alemaña ía varrer a Brasil nunha semifinal por 7-1 no seu mesmo país, a parte de non crelo diría iso de : “E David Bustamante vai xogar na NBA con Pau Gasol”. Pois Brasil, a pesar de contar cun equipo limitado, aínda fixo un bo Mundial. Porque chegar a semifinais co equipo que ten é un éxito. No seu camiño quedaron rivais doutro nivel moi distinto. ¿Fixo o ridículo ante Alemaña? Vale, o que digan, pero para chegar a una semifinal e perdela, primeiro hai que chegra a ela. Ridículo foi o que fixo una selección como España, que despois de levar unas semaniñas de vacacións, xa parece que moita xente -empezando polos locutores de Telecinco- esqueceuse do espectáculo que deu ó caer sen ritmo ás primeiras de cambio.

CC/Herels Tom
CC/Herels Tom

Os alemáns puxeron a súa locomotora a unha marcha constante. Fieis ó seu estilo. O partido rematou co 2-0. Os brasileiros notaron máis a ausencia de Thiago Silva que a de Neymar. Silva é un dos mellores centrais do mundo. E con David Luiz, ata o outro día Brasil era das seleccións máis solidas do mundo defensivamente. Pero sen Thiag David Luiz non dá abasto. Que os mellores desta selección sexan estes dous defensas mostra a pobreza que hai no medio de campo. Neymar, se lle pos uns medios que lla pasan, claro que resolve, pero se Luis Felipe Scolari educou defensivamente a este equipo, significa que non seguiu co arte do jogo bonito da época de Pelé ou Sócrates (os mundiais de 1994 e 2002 eran do trivote, pero tiñan bos rematadores).

CC/Virad Parmat
CC/Virad Parmat

O partido despois foi una caricatura, un enfrontamento sen cor tras catro goles en seis minutos.Como dixen antes, os comentaristas de Telecinco que se deixen de mofar de Fred (un dos máis sinalados pola torçida brasileña), xa que dixeron que este xogador en España sería o candidato número quince a entrar na selección hispana. España levou a Diego Costa… e salvouse de que non o explusasen en ningún dos seus dous partidos por agresión, xa que esas foron as armas que presentou neste Mundial.

CC/Ministerio de Cultura Argentino
CC/Ministerio de Cultura Argentino

Agora Brasil loitará polo bronce contra Holanda, unha selección que na outra semifinal… chegou a lembrar á do Mundial de 1990: somnífera e con poucas ocasións. E Arxentina lembra tamén á do Mundial de 1990. A única diferencia é que, en 1990, os pases que se lle daban ó porteiro co pe podíaos coller coa man. Isto aburría ó publico, que lle dá un grandísimo aplauso a quen inventou iso de que, se o porteiro colle voluntariamente una cesion co pe dun compañeiro, é sancionado cunha falta.

CC/Thomas Couto
CC/Thomas Couto

Holanda empezou moi forte neste Mundial pasándolle por riba a unha España durmida, pero foi de máis a menos. En oitavos Robben inventouse un piscinazo. En cuartos, Van Gaal xogou ó balonmano nos penaltis, pero ante Arxentina tiña o cupo de cambios feitos. O equipo arxentino comezou coa sorte dos campións, de menos a máis. Deberon ver os vídeos do Mundial 90, porque convertiuse nunha copia. Messi rinde a medias, pero Mascherano é un currante nato. Romero recorda a Goycoechea, o meta arxentino dos 90, suplente no seu equipo e decisivo na tanda de penaltis. Máis de un dixo que despois da semifinal Holanda-Arxentina, este partido, como os de 1990, deberían ilegalizarse e respescar a un eliminado de cuartos, como Costa Rica ou Colombia.

CC/Filipe Castilhos
CC/Filipe Castilhos

Agora a incognita é esta nova final: Alemaña-Arxentina. Como será, porque é a terceira vez que xogan nunha nai de todas as finais. Batíronse en México 86, co resultado da vitoria de Arxentina por 3-2, con Burrichaga de Toquero e Maradona de líder. Aquel mundial foi bonito. A revancha chegou en Italia 90, coa victoria de Alemaña na prórroga por 1-0 de penalti ante una Arxentina tan defensiva como a actual. Todo se verá, e todo quedará dedicado a Alfredo Di Stéfano.

Maym
Maym

Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *