En vésperas do pai de tódolos campionatos de fútbol do mundo enteiro e terrestre, mentres que non xoguen selección doutros planetas como Mercurio,Venus, etc., seguiremos contando as fazañas das seleccións dos cinco continentes onde se practica, porque na Antártida aínda non chegaron novas de que haxa equipos de fútbol. Todo ocorre coincidindo coa abdicación do home que mandou calar a Chávez. Pero deste tema xa escribiu o meu excelente compañeiro de Panoplia Pedro J., e convido a todo o mundo interesado nese tema a ler a súa crónica.
Imos ó noso. Brasil é un país moi futboleiro. Moi futboleiro… pero o máis triste son as manifestacións que fan neste país. Este é un tema delicado de falar, o das manifestacións, que tamén comentará outro compañeiro de redacción. Ó meu xuízo, está moi ben que haxa Mundial de fútbol, que estean todas as mellores seleccions da Terra, pero en contra atopamos os gastos dos deseños en tódolos países que celebran actos coma estes, tanto nun Mundial como nuns Xogos Olímpicos. Por exemplo, se una fachada da festa, con mil euros gastados nesa parede, fai bonito o ambiente, ¿para que gastar nesa mesma fachada mil euros? Iso é un motivo de protesta, pero dese tema opinarán os especialistas desas materias.
Todo pasa cada catro anos, en cada país no que se vai celebrar un Mundial. Os primeiros que se celebraron, en Uruguai, Italia… ata a década dos 60 eran países adiantados nas súas épocas. Uruguai foi o primeiro país que se converteu no pai de todos estes campionatos.
As torpezas iniciais, os nacementos dos equipos, as fusión de escuadras de vilas, barrios, cidades, os xogadores adultos que comenzaban de cero… nunha palabra, nun mundo doutra época, onde non había rapaces de seis anos en escolas de fútbol categoría biberón, os siareiros non tiñan bandeiras e bufandas para animar os equipos. E para ir ao estadio comunicábanse mediante o boca a boca, non por wassaps nin a través de foros.
Primeiro incluíuse o futbol como deporte nos Xogos Olimpicos de Amberes de 1920, onde a España de Zamora, porteiro lendario, o garriento Belauste (co seu famososo: «A mí, Sabino, que los arrollo!!» Vaia golazo se marcou levándose a toda a defensa ante Suecia) e o goleador Pichichi conseguiu a medalla de prata.
Antes non puido ser porque estalou unha triste Primeira guerra Mundial. Isto paralizou os plans do mundo, e países coma Reino Unido e Alemaña xa tiñan ligas locais. Na primeira Noiteboa da guerra acordaron una tregua para desputar un partido de fútbol ás costas dos seus altos mandos. Deste episodio incluso se fixo una película. E é que o fútbol, como todo o resto dos deportes, inventouse para unir culturas, non para dividilas.
A arela da FIFA, despois de moitos experimentos, converteuna en realidade Jules Rimet en 1930: o desexo de ver como nun campionato de fútbol participaron xogadores de todos os países, de todas as razas, de todas as relixións, de todas as ideas políticas, gozando dun xogo co que moitos soñamos de nenos. Só uns poucos afortunados de cada país logran chegar a defender una bandeira, alentados por uns afeccionados, os mesmos que por exemplo aquí en España aprenderon a animar coa xeneración Torrebruno. Con aqueles concursos educativos para cativos, con aquilo de TIGRES-LEONES, onde non só ensinaban aos concursantes a competir, senon ós seguidores a animar.