Por fin, xa marcou Diego Costa na selección!! O remedio de todos os males. O fútbol español doutorouse no comezo da fin dos seus problemas. Non importa o ridículo que se fixo no Mundial de Brasil. Nin a accidentada derrota de Eslovaquia. Ante Luxemburgo hai un antes e un despois. Un dianteiro centro puro, un 9 á antiga usanza e aspirante a premio Nobel do Deporte marcou un golazo para a historia. O primeiro… de moitísmos que vai marcar. Na gran victoria da selección de España fronte a un rival directo para a clasificación do Europeo 2016, o mellor do partido foi Diego Costa.
Tanto anuncio que lle dedicou a prensa desde Brasil 2014, tantas crónicas no Marca… Tivo mala sorte coa cantidade de erros nos remates, pero tamén saíu protexido polas reaccións agresivas que mantivo cara algún contrario. Na segunda parte, cando ía España gañado 0-2, chegou o momento glorioso. Córner que sacou España e, nunha serie de rexeitamentos, Diego Costa colleu o balón. Aproveitando a nula saída para romper o fóra de xogo do lateral luxemburgués, largou un trallazo e GOOOOOOOL!!!!
https://www.youtube.com/watch?v=c1G3r7usk5k
Por fin, chegou a solución aos problemas para o futuro da selección e do fútbol español. Que importa que nacera en Brasil, polo menos é fiel a España. O malo é que no día seguinte a prensa en vez de poner o seu gol en xigante nas portadas, concidiu á hora de falar doutra xesta: o campionato do mundo de Moto GP de Marc Márquez. Este rapaz de 21 anos apunta a xenio para o futuro doutros deportes… pero ese artigo faráo outro compañeiro.
Mentres que se fala da grandísima proeza de Diego Costa non se pensa no estado mental de Casillas, no relevo dos pesos pesados que levantaron dous europeos e o Mundial de Africa do Sur ou no fracaso da categoría base. Por outra banda, os sub-21 non van nin ás Olimpiadas, os rapaces da selección sub-19 desde o 2012 non voltaron a achegarse nin ás semifinais. O máis flagrante, desde antes de que chegara o coruñés Bicho á selección, cando estaba Santisteban no sub-16, é que España aplicaba un modelo alemán, é dicir, sempre ou case sempre chegaba ás semifinais. Marchou Santisteban e veu Santi Denia a ocupar o posto de seleccionador sub-16. Desde as xeneracións de Bicho para aquí, España sub-16 permanece desparecida en combate.
E Del Bosque e os médicos nutricionistas continúan na selección. Non seguen os camiños de Orenga no baloncesto nin de Moya no tenis. Pero aquí a solución é igual a Diego Costa.