Estes días marchou un dos grandes, fóisenos o mestre Xosé Neira Vilas. Vila de Cruces está de loito. Moitos recordos da nosa infancia van con el: a escola, ese universo intrínseco ás nosas vidas, coas cousas -recordando a outro grande de Rianxo- boas e malas. Todos fomos e somos e ogallá sigamos a ser Balbino. Ninguén sintetizou mellor o que é a aldea: «Lama e fume».
Neira Vilas era un gran escritor e unha boa persoa. Miña muller, de cativa, tivo a sorte de coñecelo cando visitou a súa escola e todavía lembra a aquel bo e cariñoso home que tivo o honorable xesto de falarlle ós nenos coma o que son: o patrimonio da nosa cultura.
Ata sempre, Mestre.
Por Capitán Perrechas